Nota legalNota legal

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE CONJUSA (CONXELADOS JUAN SABARÍS), S.L.

http://www.conjusa.com.es

CONJUSA (CONXELADOS JUAN SABARÍS), S.L. (en diante CONJUSA) con domicilio en Lugar Cancela S/N - 36190 Barro - Pontevedra, pón a disposición no seu sitio web http://www.conjusa.com.es determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de CONJUSA por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expónselle ao USUARIO no sitio web http://www.conjusa.com.es en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.

O acceso ao sitio web de CONJUSA implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO: 1.1.- A utilización do sitio web de CONJUSA non leva a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, salvo se este USUARIO desexa utilizar a base de datos de artigos existentes en http://www.conjusa.com.es onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico, esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente CONJUSA prohibe os seguintes: 1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de CONJUSA ou a terceiros. 1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spaming") ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing"). 1.2.- CONJUSA poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais- ver cláusula quinta.

SEGUNDA.- CONTIDOS: Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por: 2.1.- CONJUSA utilizando fontes internas e externas de tal modo que CONJUSA unicamente faise responsable polos contidos elaborados de forma interna. 2.2.- Terceiros alleos a CONJUSA ben mediante colaboracións directas no sitio web ou ben presentes a través de ligazóns a outros sitios web ou a noticias doutros sitios dos que non é titular CONJUSA. CONJUSA en ningún caso será responsable dos contidos así introducidos e non garante o correcto funcionamento de todas estas ligazóns. O USUARIO que desexe establecer unha ligazón no seu sitio web ao sitio web de CONJUSA non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións postas a disposición no referido sitio web. 2.3.- CONJUSA resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA: CONJUSA informa que o sitio web http://www.conjusa.com.es os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de CONJUSA. CONJUSA utiliza fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e tamén establece ligazóns a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias.

CUARTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE: As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Pontevedra renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

QUINTA: No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. CONJUSA poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de CONJUSA.

  • Galego
  • Español

Iniciar sesión | ©2010 Conxelados Juan Sabarís, S.L. | Nota legal